Área privada

II Xornada sobre a situación das persoas sen fogar en Compostela

Venres, 03 Novembro de 2017 | Tags: formación , xornada , senfogarismo

O vindeiro día 10 de novembro de 2017, no Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, terá lugar a II Xornada sobre a situación das persoas sen fogar en Compostela, organizada conxuntamente pola Concellaría de Políticas Sociais, Diversidades e Saúde do Concello de Santiago de Compostela e a Mesa de traballo para o estudo da situación das persoas sen teito–transeúntes e dos recursos en Santiago de Compostela.

Continuando coa filosofía da primeira edición, nesta segunda xornada amosaranse experiencias galegas, estatais e internacionais sobre recursos específicos destinados ás persoas sen fogar, explicados por responsables e persoal técnico de diversas entidades.

O Ceesg forma parte da mesa xeral que coorganiza a xornada. No seu programa, destaca a presenza de Albert Sales, coordinador do Plan de Loita contra o senfogarismo de Barcelona 2016-2020, e contará tamén con persoas convidadas de diferentes concellos e iniciativas que se desenvolven en Galicia.

A xornada está dirixida a profesionais e persoal voluntario de institucións e iniciativas relacionadas coa atención a persoas sen fogar, así como estudantes do eido social e comunitario.

A inscrición é gratuíta, sendo necesario inscribirse previamente. A inscrición pode facerse a través da páxina web do Concello de Santiago, onde tamén se pode consultar o programa completo.

Ir á web da Xornada

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade