Área privada

Listas de educadoras/es sociais peritas/os

Xoves, 09 Novembro de 2017 | Tags: peritaxe

Cada ano, o Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (Ceesg) elabora unha listaxe de profesionais dispostas/os a actuar como peritas/os ante xulgados e tribunais. Para este fin, ten aprobado un regulamento específico (Descargar regulamento)

A actividade pericial consiste na valoración obxectiva por parte de persoal experto dunha determinada situación ou feito, que pode ser influínte para a decisión xudicial, e pode ser empregado como proba nun xuízo. As persoas que actúan como peritas/os prestan este servizo por conta propia. Este proceso está regulado pola Lei 1/2000, de 7 de xaneiro, de Axuizamento Civil.

Aínda que a formación e experiencia non son requisito para integrarse nesta lista, dende o Ceesg recomendamos ter algunha formación específica na materia e experiencia como educador/a social, pois é fundamental ter práctica na redacción de informes, coñecer como funcionan os procedementos xudiciais, os chamamentos, situacións de  incompatibilidade, etc. Neste momento a Escola da Rúa do Ceesg está a organizar varias edicións dun curso de formación básico nesta materia (máis información)

Quen queira solicitar a súa inclusión nas listas de peritaxe, pode facelo cubrindo e enviando ao Ceesg o anexo I do regulamento e enviándoo a ceesg@ceesg.org, ou ben cumprimentando o seguinte formulario: Solicitude listas peritaxe 2018

O prazo é ata o 26 de novembro de 2017 (incluído).

Os datos que se faciliten enviaranse a Xulgados e Tribunais, e facilitaranse a outras entidades ou persoas que poidan ter interese en contar cos servizos profesionais dunha/dun perita/o.

Comentarios (2)

1 | Rebeca - Luns, 20 Novembro de 2017 ás 13:57

Hola! Para estas listas de peritos judiciales es necesario estar colegiado? Gracias!

2 | Ceesg - Luns, 20 Novembro de 2017 ás 14:04

Hola, Rebeca, sí, hai que estar colexiada

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade