Área privada

Formación con desconto: Intervención psicoterapéutica

Xoves, 02 Novembro de 2017 | Tags: formación , descontos , psicoloxía

Sesión formativa que se desenvolverá o vindeiro sábado 18 de novembro na Escola de Formación en Terapia Familiar de Loft Psicólogos Espazo Clínico. Será a cargo do Profesor José Navarro Góngora, Profesor da Universidade de Salamanca e un dos terapeutas familiares máis prestixioso tanto en España como a nivel internacional.

As persoas colexiadas teñen unha bonificación nas taxas da actividade dun 25%, quedando en 60€ para as/os profesionais que estean en activo, ou 50€ no caso de profesionais en paro e estudantes. Quen desexe acollerse a este desconto deberá acreditar a súa condición de colexiada/o no momento de realizar a inscrición.
Información detallada da formación.

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade