Área privada

Formación Ceesg. Obradoiro: Repensar o amor e as relacións

Venres, 10 Novembro de 2017 | Tags: igualdade , mulleres , formación , descontos , obradoiro , amor , relacións , sociedade

Tendo como marco o 25 de novembro, Día Internacional para a erradicación da violencia contra as mulleres, o grupo de traballo Fiadeiras preséntanos un obradoiro que nos fará reflexionar sobre o amor e as relacións, e sobre os modelos sociais impostos.Non será un obradoiro para teorizar, senón para descubrir en nós outras formas posibles de vivir o amor para poder relacionarnos dun xeito máis libre, lonxe das crenzas e mandatos sociedade.

A conductora do obradoiro será Laura Latorre, educadora social autora do libro “Polifonía amorosa”

O obradoiro será o 14 de novembro no centro Medra, da Coruña, en horario de 17:00 a 21:00 h.

Inscricións ata o 10 de novembro.

Descargar cartaz

Descargar información detallada

Formulario de inscricións

Comentarios (2)

1 | Leticia Couto Maroño - Martes, 31 Outubro de 2017 ás 19:49

Non son colexiada

2 | Ceesg - Xoves, 02 Novembro de 2017 ás 10:03

Hola Leticia, Non fai falta que sexas colexiada para anotarte. Iso sí, o prezo non é o mesmo, pois sempre bonificamos de algún xeito a colexiación nas nosas actividades

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade