Área privada

V Invernada de Cine de Cabreiros

Luns, 20 Novembro de 2017 | Tags: cinema , rural

A asociación de veciños da parroquia de Cabreiros, en Xermade (Lugo) promove por quinto ano e entre os meses de novembro e decembro a Invernada de Cine, unha iniciativa a través da cal se proxectan películas e curtas e se celebran mesas redondas en torno ás obras audiovisuais. Un gran exemplo de dinamización comunitaria no rural.

Qué é a invernada de cine?

A carta de axuste ás sete da tarde un día tras outro iluminaba a pantalla do televisor para dar comezo a programación; ese tempo facíase moi longo, como o inverno.

O rebulir das personaxes que traían nas súas tripas os debuxos, o teatro, os documentais, as películas e centos de contos que cerraban a emisión con outra carta de axuste, espertaban paroladas e faladoiros de todo canto alí acontecera.

A invernada de cine non quere tratar de voltar a vista atrás pero si coller como referente ese pasado tan presente para debullar entre todos as alternativas que o audiovisual nos ofrece.

Acércase o entretemento, a aprendizaxe, a compaña, o recordo, a mestura de ideas, opinións, divertimento, reflexións, risas, café e máis café e. . .

Podemos pasar un inverno de cine.

 

Descargar cartaz cos detalles das proxeccións.

Segue todas as novidades da Invernada de Cine no seu perfil de facebook.

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade