Área privada

Reunión co Concello da Coruña

Martes, 17 Outubro de 2017 | Tags: Emprego , institucións , concello

O pasado 8 de setembro reunímonos coa concelleira de Igualdade e Diversidade e con técnicas responsables do seu departamento e de persoal, en relación á convocatoria da praza de Técnica/o de Apoio Social na que admiten titulacións distintas a Educación Social, ao contrario do que se viña facendo nas últimas convocatorias. O seu argumento é que non todos os postos de Técnica/o de Apoio Social responden estrita e exclusivamente a Educación Social, e este concretamente é un deses casos. Recoñecen que outros moitos si que o son, e deberían distinguirse de algún xeito; para intentar resolver isto, chégase ao acordo de contar connosco na valoración de postos que van iniciar en breve, agora que está aprobada a Relación de Postos de Traballo do Concello.

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade