Área privada

Axúdanos a difundir a campaña pola #leigalegaeducaciónsocial

Martes, 17 Outubro de 2017 | Tags:

Axúdanos a conseguir unha Lei Galega de Educación Social difundindo a campaña que temos en marcha e facendo ver a necesidade de crear esta lei.

No teu centro de traballo, coas compañeiras e compañeiras de clase, á túa familia, en entidades e asociacións que coñezas, en empresas… imprime varias solicitudes de cada tipo (cidadanía en entidades) e lévaas onde vaias, explica en que consiste a nosa reivindicación e se están de acordo, que asinen a solicitude.

A presentación da solicitude, unha vez cuberta e asinada, podes facela ti mesma/o, así que podes xuntar varias e presentalas todas dunha vez. Recorda enviarnos despois unha copia do xustificante de presentación.

Tamén podes imprimir e distribuír o folleto da campaña.

Ademais, fai presente a campaña nas redes sociais. Saca unha foto no momento en que a presentes e compártea, participa na páxina de facebook 'Eu quero unha lei de Educación Social', comparte as informacións e avances que fagamos chegar a través das nosas redes... todo iso co hashtag #leigalegaeducacionsocial.

Este é un dos xeitos de sumarte á campaña. Tamén podes...

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade