Área privada

Mocións a favor da creación da Lei en concellos.

Martes, 17 Outubro de 2017 | Tags: lei , campaña

Para a consecución da Lei Galega de Educación Social é moi necesario facer ver o apoio amosado pola cidadanía e as institucións. Para conseguir ese apoio, temos que solicitalo. E para iso, pedimos a colaboración das persoas colexiadas ou que apoien a iniciativa, para dar traslado e facer o seguimento nos voso ou noutros concellos. 

Para informar de qué é unha moción e de como realizar este proceso de solicitude, fixemos un documento con  pautas para a presentación con éxito de mocións nos Concellos a prol dunha Lei de Educación Social (Descargar)

Noutras comunidades xa son numerosos os concellos que apoian a creación dunha Lei de Educación Social. Agora toca traballar aquí, pola nosa lei e pola estatal.

Moitas grazas polo esforzo.

Este é un dos xeitos de sumarte á campaña. Tamén podes...

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade