Área privada

Solicitude de creación dunha Lei Galega de Educación Social.

Luns, 30 Outubro de 2017 | Tags: campaña , lei

No marco da campaña a prol dunha Lei Galega de Educación Social, a solicitude individualizada de creación da Lei é unha das vías de colaboración que solicitamos ás persoas colexiadas, entidades e cidadanía.

Calquera pode sumarse á petición presentando a solicitude de creación da lei. Para facilitalo, poñemos á vosa disposición tres modelos diferentes, un para persoas colexiadas, outro para institucións, e outro para calquera outra persoa que queira apoiar esta causa. Escolle o teu modelo de solicitude de petición de creación da Lei Galega de Educación Social:

Debe presentarse copia duplicada, para quedarte con unha delas, selada polo rexistro.

Podes presentala en calquera rexistro público (concello, Xunta de Galicia, etc.) que teña ventanilla única. Tamén podes facelo a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia a través do servizo de rexistro electrónico (enlace) -para iso necesitarás un certificado electrónico ou a chave365-

Unha vez presentada, envíanos copia do xustificante de presentación ou da copia que che deixaron selada, para poder facer un seguimento da campaña.

Recorda que podes recabar solicitudes doutras persoas -a túa familia, compañeiras e compañeiros de traballo, amizades, etc.- e presentalas no rexistro todas xuntas, e así aforrar en desprazamentos.

E se aínda non fixeches a solicitude de Lei de Educación Social a nivel estatal, recorda que a campaña segue activa, así que aproveita e preséntaa tamén! Tes aquí toda a información.

Este é un dos xeitos de sumarte á campaña. Tamén podes...

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade