Área privada

Formación con desconto: Atención centrada na persoa

Venres, 13 Outubro de 2017 | Tags: formación , persoas maiores , educación , descontos , xerontoloxía

A Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría (SGXX) impartirá os vindeiros 24 e 25 de novembro en Santiago de Compostela a segunda edición do Curso de Formación Especializada Sociosanitaria para a Implementación do Modelo de Atención Integral Centrada na Persoa (AICP).

Dirixido a estudantes e profesionais do ámbito socio sanitario e impartido por Lourdes Bermejo, licenciada en Ciencias da Educación, diplomada en Xerontoloxía Social, experta en Intervención Social Integral e educadora social, e por Miguel Ángel Vázquez, médico especialista en Xeriatría, Xerontólogo social; profesor asociado da Universidade de Vigo, e presidente da SGXX.

A súa metodoloxía será variada e participativa, con exposicións teórico prácticas, reflexións, debates e traballo individual e en grupos, cunha aprendizaxe significativa e aplicable á realidade dos participantes.

Este curso ofrece desconto para as persoas colexiadas no Ceesg.

Máis información e inscricións

 

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade