Área privada

Formación con desconto: abuso sexual infantil

Mércores, 11 Outubro de 2017 | Tags: infancia , formación , descontos , abuso sexual

Aminogalicia dá un paso para que todas e todos os profesionais e futuros profesionais que interveñen con menores poidan adquirir os coñecementos fundamentais sobre a prevención, detección e intervención sanitaria, social, educativa, psicolóxica, xurídica... en casos de abuso sexual infantil.

Para isto, organiza un curso que terá lugar en Vigo e que dará comezo o 28 de outubro. A estrutura do curso está dividida en tres bloques, e existe a posibilidade de inscribirse nun só, en dous ou nos tres.

Ofrecen un desconto do 20% nas cotas para as persoas colexiadas ou amigas do Ceesg de xeito que as cotas de inscrición aplicables serían as seguintes:

  • Bloque 1: 40 euros
  • Bloque 1 + 2: 100 euros
  • Bloque 1 + 2 + 3: 160 euros

Para beneficiarse do desconto será necesario enviar un certificado do Ceesg (ponte en contacto connosco para facilitarcho)

Acceso á información detallada

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade