Área privada

Premios G5 innova

Xoves, 05 Outubro de 2017 | Tags: Emprendemento , premios , innovación

Grupo 5 convoca o Premio G5 innova, que busca proxectos de emprendemento social que solucionen diferentes problemáticas e necesidades sociais.

Poden participar persoas emprendedoras residentes en España cun proxecto que se desenvolva en España, entidades ou persoas físicas ou xurídicas con non máis de 4 anos de antigüidade cun proxecto innovador e de impacto social, e proxectos que leven funcionando polo menos 6 meses antes da apertura da convocatoria.

A presentación de proxectos pode facerse entre o 2 de outubro e o 17 de novembro de 2017.

Hai un premio de 6000 euros para destinar ao proxecto + estatuilla conmemorativa do premio, e dous accésit de 500 euros cada un para o segundo e terceiro mellores proxectos. Ademais, contarán co apoio da entidade organizadora para dar visibilidade ao seu proxecto.

Máis información

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade