Área privada

Decálogo profesional de traballo con persoas maiores

Mércores, 04 Outubro de 2017 | Tags: persoas maiores , educación , decálogo

O Geix, Grupo de Estudos e Intervención Xeragóxica do Ceesg, con motivo do Día Internacional das Persoas Maiores que se conmemorou o pasado 1 d eoutubro, elaborou o seguinte Decálogo profesional de traballo con persoas maiores.

1.    BOAS PRÁCTICAS NO ÁMBITO DE TRABALLO
No traballo con persoas maiores deben predominar o uso de prácticas onde se vele pola calidade de vida destas persoas, que consiste non só en vivir máis anos, senón en desfrutar da vida sentíndose parte activa e útil da nosa sociedade.

2.    ATENCIÓN INTEGRAL CENTRADA NA PERSOA
Concepto relacionado coa intervención directa e centrada nos obxectivos de cada persoa coa que nos relacionamos e traballamos, fomentando a súa autonomía e o seu benestar. Moi ligado ao concepto de Boas Prácticas.

3.    ATENCIÓN Á DIVERSIDADE DAS PERSOAS MAIORES
Dados os grandes e novidosos avances na área científica e médica, as persoas con algún tipo de necesidade especial dispoñen de grandes avances para integrarse na sociedade, polo que son persoas coas que tamén se realizan intervencións dentro dos programas de avellentamento, adaptadas as súas necesidades e casuísticas.

4.    RACHAR CÓS ESTEREOTIPOS QUE RODEAN ÁS PERSOAS MAIORES
Na actualidade, aínda seguen existindo moitos mitos e estereotipos en relación coas persoas maiores e debido a diversidade que hai entre eles, debemos desmitificar e mostrar opcións de actividade, motivación e autonomía, xa que son parte integrante e activa da nosa sociedade.

5.    COÑECER OS RECURSOS SOCIAIS E INSTITUCIONAIS
Como profesionais temos que coñecer os recursos existentes tanto a nivel social como institucional do ámbito das persoas maiores para poder responder a todas as necesidades, inquedanzas, casuísticas… que presentan as persoas coas que traballamos, e ofrecerlles alternativas que se adapten a cada unha delas.

6.    PREPARACIÓN Á XUBILACIÓN
Un novo momento relevante de intervención socioeducativa é a preparación para a xubilación de persoas entorno aos 60 anos, xa que é unha etapa vital de moitos cambios, tanto a nivel laboral como social, para o cal as persoas non estamos ao 100% preparadas.

7.    NOVAS METODOLOXÍAS DE INTERVENCIÓN
Dentro da metodoloxías que podemos atopar para facer intervencións
coas persoas maiores, temos un abano moi amplo, podendo escoller entre métodos como Montessori, enfocados na autonomía… Informarse e estar actualizada é obriga de todo profesional

8.    INTERVENCIÓN SOCIOEDUCATIVA, APOIO PSICOSOCIAL
Nas intervencións que realizamos como profesionais coas persoas maiores, temos intervencións a nivel social, cultural, educativo, tanto directamente coa persoa como ofertando servizos ou recursos para mellorar ou mudar situacións. E tamén en ocasións máis vulnerables ou estresantes, un apoio de recuperación e adquisición de habilidades.

9.    EDUCACIÓN FAMILIAR
Ademais de intervir coas persoas maiores, en moitas ocasións as familias das mesmas precisan apoio, información, orientación, formación, recursos… que como profesionais debemos facilitar.

10.    TRABALLO EN EQUIPO CON OUTROS PROFESIONAIS
O traballo con outros profesionais axuda a engranar todas as pezas que fan que as persoas maiores teñan as súas necesidades cubertas, poidan chegar a un estado de benestar moito máis pleno e os resultados sexan máis positivos.

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade