Área privada

Comunicado do Ceesg tras o 1-O

Mércores, 11 Outubro de 2017 | Tags: Paz , nonviolencia

Dende o Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia queremos expresar a nosa condena ante a violencia exercida por parte dos corpos de seguridade do estado contra a cidadanía catalá durante a xornada do pasado domingo.

Solidarizámonos coa sociedade catalá rexeitando enerxicamente a actuación desproporcionada das forzas policiais, ao levar a cabo unha mostra de represión inadmisible nunha sociedade democrática.

Demandamos unha estratexia política conciliadora e dialogante que garanta os dereitos de toda a cidadanía. A violencia nunca será a solución a ningún conflito. Non debe haber outra solución máis que a negociación e o diálogo, co máximo respecto á cidadanía e aos seus dereitos e liberdades fundamentais.

Acabamos de conmemorar o Día Internacional da Educación Social, baixo o lema “Educación social = Compromiso coas persoas”, e precisamente por iso, polo noso compromiso coa cidadanía, non podemos deixar de pronunciarnos sobre estes feitos lamentables, desexando que dean paso a actitudes cívicas e pacíficas.

#NonViolencia, máis Educación Social.

O CGCEES tamén emitiu un comunicado ao respecto. Enlace ao posicionamento do CGCEES

Comentarios (1)

1 | Rafel López - Mércores, 04 Outubro de 2017 ás 19:29

Gracias por vuestras palabras y posicionamiento No más violencia!!!! Nunca mais!!!! Mai més! !!!

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade