Área privada

Resultados dos Concursos de Educación Social

Luns, 02 Outubro de 2017 | Tags: diversidade funcional , premio , concurso

Hoxe, 2 de outubro, Día Internacional da Educación Social, é o día que temos marcado para facer público o resultado dos dous concursos sobre educación social que levamos a cabo dende o Ceesg.

O Concurso TFG.eduso de traballos de fin de grao de Educación Social premia os mellores traballos de fin de grao presentados en galego nas universidades galegas, e nesta cuarta edición, correspóndese ao curso 2015-2016. O premio, a cota de colexiación e unha cota semestral gratuíta, así como a publicación do traballo.

O Concurso Memorial Toni Julià, que vai pola súa 4ª edición, premia os mellores proxectos de Educación Social a nivel estatal. En Galicia, facemos tamén un recoñecemento a nivel autómico premiando os proxectos que se seleccionen para a final estatal do concurso. O premio, a cota colexial gratuíta durante un ano, a publicación do traballo, e dúas inscricións gratuítas en accións formativas do Ceesg.

PREMIOS 4º CONCURSO TFG.EDUSO

Modalidade EDUCACIÓN SOCIAL ESTENDIDA: Araceli Macías García, polo seu traballo: Educación social e equipamentos sociocomunitarios. Unha análise desde o concello e as asociacións de A Veiga (Ourense), presentado na Universidade de Santiago, e titorizado pola profesora Belén Caballo Villar.

Modalidade EDUCACIÓN SOCIAL ESCONDIDA: Deserto.

PREMIOS 4º MEMORIAL TONI JULIÀ - FASE GALEGA

Roberto Casteleiro Bouza, polo proxecto: Naranja Imaginario, música electrónica e diversidade un proxecto artístico, transformador e pedagóxico centrado na música electrónica, as novas tecnoloxías e a participación de persoas con discapacidade intelectual.

Noraboa, Araceli e Roberto!

Os proxectos gañadores a nivel estatal do Concurso Memorial Toni Julià foron os seguintes:

  • Modalidade individual ao proxecto 'Vuela, vuela la cometa', presentado polo educador social Lorenzo Salamanca García (Zamora, Castilla y León).
  • Modalidade colectiva ao proxecto 'Tarda Jove', presentado polo educador social Bru Pellisa i Vaque (Lloret de Mar, Barcelona - Cataluña).

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade