Área privada

Formación Ceesg: Busca Activa de Emprego na Educación Social

Luns, 09 Outubro de 2017 | Tags: Emprego , formación , desconto , empregabilidade

Unha das liñas estratéxicas do Ceesg neste ano 2017 é o Emprego. E en consonancia con isto, programamos unha formación específica que ten a vocación de servir de axuda e asesoramento a toda persoa que busque a incorporación ou mellora profesional no eido da Educación Social.

Pretendemos ofrecer unha acción formativa verdadeiramente transformadora que conduza á implementación de procesos reais de BUSCA ACTIVA DE EMPREGO, propiciando a consolidación de novos enfoques, ferramentas e alternativas para abordar a busca de emprego desde outra perspectiva, potenciando o desenvolvemento persoal e o traballo colaborativo, buscando a implicación das persoas participantes.

Será un curso práctico, dinámico e cheo de bos consellos, historias e exemplos reais co único obxectivo que as persoas participantes realicen procesos sinceros de autoanálise e reflexión respecto do propio proceso de busca de emprego. Porque tropezar na mesma pedra non é malo, o malo é encariñarse con ela.

A formación terá unha duración total de 20 h. (16 presenciais, divididas en catro sesións, e 4 h. de traballo individual) As datas presenciais serán o 14 e 21 de outubro (de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 h.). Desenvolverase na sede do Ceesg, en Santiago de Compostela.

As cotas do curso son moi atractivas, grazas a que o curso está subvencionado polo Banco Sabadell.

Inscricións ata o 10 de outubro.

Ver información detallada

Acceder ao formulario de inscricións

Descargar cartaz

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade