Área privada

Formación Ceesg: Terapia asistida con animais

Venres, 15 Decembro de 2017 | Tags: formación , descontos , terapia , animais

Moi pronto teremos unha formación no Ceesg que nos achegará ao traballo con animais de terapia.

Será un curso teórico-práctico no que se traballará con cans, e que nos permitirá entre outras cousas coñecer en que consisten este tipo de terapias, como introducilas con outro tipo de terapias, comprender o papel da técnica/o en terapia asistida por cans, e os seus beneficios e riscos.

A interacción e actividades planificadas con animais son un elemento terapéutico que se demostrou eficaz para una gran cantidade de problemas psicolóxicos, físicos e emocionais, polo que esta formación pode resultar de gran interese para aquelas e aqueles profesionais ou estudiantes que teñan interese no traballo con persoas.

A formación será os días 27 e 28 de outubro (venres pola tarde e sábado mañá e tarde), en Santiago de Compostela, nas instalacións cedidas polo CIAC (Centro de Interpretación Ambiental de Compostela) do Concello de Santiago.

Prazo de inscricións ata o 22 de outubro.

Ver información detallada

Acceder ao formulario de inscricións.

Descargar cartaz

 

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade