Área privada

Día Internacional da Educación Social.

Luns, 09 Outubro de 2017 | Tags: DIES

O Día Internacional da Educación Social conmemórase cada ano o 2 de outubro, e esta data está rodeada de actos que pretenden visibilizar a nosa profesión. Este ano celébrase baixo o lema Compromiso coas persoas.

Dende o Ceesg tamén celebramos esta data especial con diversos actos. O primeiro será a presentación dunha Lei Galega de Educación Social. Despois de estar inmersas de cheo no impulso da Lei estatal, iniciamos, de xeito paralelo, unha nova campaña para acadar unha lei autonómica para a nosa profesión. A este acto está convocadas todas as persoas que queiran acompañarnos. Máis información.

En colaboración coa Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago imos presentar, no mesmo día 2, o concurso TFG.eduso, que xa vai pola súa quinta edición, e daremos a coñecer os traballos que resultaron gañadores na súa 4ª edición. Moi pronto daremos todos os detalles.

E por último, o día 7 de outubro, temos previsto impartir un obradoiro sobre autocoidado das/os profesionais, moi en consonancia co lema deste ano: Compromiso coas persoas. Máis información 

Ver programa do DIES 2017 en Galicia.

A nivel estatal, o CGCEES celebrará un acto institucional o día 30 de setembro, facéndoo coincidir coa súa asamblea xeral. Este ano ten un especial significado para esta institución por ser o 10º aniversario da súa creación, que coincide ademais co peche do ciclo de Colegios profesionais en todos os territorios autonómicos. Para celebrar todo isto, o programa inclúe reflexións sobre a profesión, a comunicación do fallo da IV edición do Concurso de Proxectos Socioeducativos Memorial Toni Juliá, e o nomeamento de conselleiras e conselleiros honorarias/os do CGCEES.

Ver programa do DIES 2017, actos do CGCEES (Madrid, 30 de setembro)

Nas redes sociais, dinfundirase o cancelo #Edusoday2017, que esperamos volva ser trending topic de novo.

Moitas actividades con un obxectivo común: a celebración da nosa profesión: O Día Internacional da Educación Social. Acompáñasnos?

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade