Área privada

A pola Lei Galega de Educación Social!

Luns, 09 Outubro de 2017 | Tags:

O Ceesg, xunto co resto de colexios profesionais do estado, levamos inmersos na campaña para acadar a regularización da profesión de Educación Social a través dunha lei. Paralelamente a este obxectivo, que non abandonamos, e sobre o que seguimos avanzando, iniciamos agora unha campaña a prol dunha lei autonómica para a nosa profesión.

O primeiro acto previsto é a presentación formal da solicitude por parte do colexio profesional. Isto será o vindeiro 2 de outubro, facéndoo coincidir do Día Internacional da Educación Social, nun acto no que convidamos a acompañarnos a calquera persoa que comparta esta reinvidicación.

A falta de regularización da profesión fai que non estean claros os límites e o alcance da mesma, tanto nas entidades públicas, coma nas entidades privadas e no terceiro sector. Este descoñecemento implica que con frecuencia se asignen a outras/os profesionais do ámbito social, funcións propias das educadoras e educadores sociais. Estas circunstancias poñen de manifesto a necesidade dunha regulación da profesión da Educación Social como instrumento que visibilice, dignifique e reivindique o seu papel como axente de cambio na nosa sociedade.

Se estás de acordo, acompáñanos o vindeiro 2 de outubro, ás 11:30 no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, San Caetano (Santiago). Axúdanos a proxectar unha imaxe real da nosa reivindicación, co respaldo que esta iniciativa está acadando. Esperámoste!

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade