Área privada

Formación Ceesg: Como profesionais, tamén sentimos...

Luns, 02 Outubro de 2017 | Tags: formación , autocoidado , terapia

Ao desenvolver o noso traballo profesional con persoas en situación de vulnerabilidade enfrontámonos a diario a retos: Como traballar sen estresarme? Que facer co que sinto? Como soster persoas e situacións mantendo a distancia adecuada para non esgotarme?...

Poñendo o foco na necesidade do autocoidado na nosa profesión, organizamos un encontro en forma de obradoiro vivencial, que nos dará claves para tomar tempo para a reflexión, escoitar as propias emocións e sensacións, transformar os aspectos negativos e reforzar os positivos. Algo que sen dúbida ten repercusión tanto no plano persoal coma no profesional.

A encargada de dinamizar o obradoiro será Tareixa Ledo, Socióloga, formadora en Autocoñecemento e Relacións Humanas, e experta en coordinación de grupos en Terapia de Reencontro. Con dilatada experiencia neste eido.

Dirixido a profesionais e estudantes de Educación Social, e aberto a outros perfís profesionais afíns.

A formación impartirase o sábado día 7 de outubro en sesión de 10:00 a 19:00 h. Será en Compostela, no LSC de Pontepedriña -preto da estación do tren- Inscricións ata o 1 de outubro Ampliado prazo ata o xoves 5 de outubro ás 12:00 h.

Descargar información completa.

Descargar cartaz.

Ir ao formulario de inscricións.

Esta actividade forma parte das incluídas no programa de actos do Día Internacional da Educación Social 2017.

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade