Área privada

Formación con desconto - Foro Emociona 4

Venres, 15 Setembro de 2017 | Tags: , formación , desconto

O vindeiro 18 de novembro terá lugar no Palacio de Congresos de Santiago a cuarta edición de EMOCIONA, Foro de educación emocional e social.

Trátase dun foro para todas aquelas persoas que queiran aprender a desenvolver as súas competencias emocionais e sociais e as dos demais. Toda a información sobre o Foro Emociona na súa web www.foroemociona.com

A organización deste foro ofrece ás persoas colexiadas e amigas do Ceesg un desconto na cota de inscrición, de forma que quen se inscriba antes do 6 de novembro terá unha cota de 67€ (inscrición individual) ou 58 € (grupos de 8 ou máis persoas, prezo por persoa) As cotas xerais neste período para non colexiadas/os son de 73€ (individual), 64€ (grupos) ou 56€ (estudantes, persoas en desemprego, familias numerosas e xubiladas/os)

Para beneficiarte destas cotas reducidas será necesario facer a inscrición facendo clic aquí –non dispoñible na súa web-

A organización comprobará a efectiva colexiación das persoas que se inscriban a través deste enlace.

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade