Área privada

Edusoday 2017 Día Internacional de la Educación Social

Mércores, 23 Agosto de 2017 | Tags: publicacións , cgcees , Comunicación , DIES , edusoday

O 2 de outubro, como todos os anos, conmemoramos o Día Internacional da Educación Social.

A data achégase e podemos adiantar que o celebraremos en Madrid. Será o sábado día 30 de setembro, con actos que tamén conmemoren os dez anos do Consello Xeral de Colexios de Educación Social (Cgcees).

Este feito é un fito para a profesión, xa que foi a estrutura paraugas que se creou a medida que foron nacendo colexios profesionais en cada territorio. Este ciclo de creación de colexios profesionais
por comunidades autónomas péchase este ano (con Cantabria), e en gran parte foi polo esforzo que o Cgcees puxo en que todos os territorios dispuxesen do seu propio colexio profesional.

Pero estas conquistas fanse grazas a persoas con nomes e apelidos que de forma anónima, altruísta e dedicada se implican polo ben común da profesión, como é o caso das conselleiras e conselleiros honoríficos a quen se lles entregará o seu galardón aproveitando este día dedicado a celebrar a profesión. Este ano, elas e eles son:

  • Iñaki Rodríguez Cueto
  • Manuel Gil Mellado
  • Juan Rueda Úbeda
  • Isabel Cortada Marín
  • Mariola Artuch Aguirre

Será un día de festa e de reivindicacións, onde se palpará moita vida, moita profesionalidade, moita ética e todo o compromiso do mundo coas persoas, pois o lema e o fío condutor dos actos será este: a educación social e o seu compromiso coas persoas. Retomaremos os puntos clave onde se puxo énfase no VII Congreso de Educación Social de Sevilla, precisamente no documento ‘Compromiso de Sevilla 2016’ que concluía de maneira propositiva:

As organizacións que representan a nosa profesión orientaranse á mellora de vida das cidadanías e a difundir a utilidade social do exercicio profesional, sendo un instrumento para o recoñecemento da Educación Social.

Tomade nota, apuntádeo nas vosas axendas e enchamos as redes sociais con #edusoday2017.

Celebremos nosa profesión co noso mellor sorriso: a de facer as cousas ben feitas!

Feliz Día Internacional da Educación Social 2017.

Sofía Riveiro Olveira. Educadora Social. Membro da Xunta de Goberno do CGCEES.
Tradución: Ceesg.

Artigo publicado na sección “Actualidade” da Revista RES nº 25.

Descargar versión castelán en pdf

Ver artigo en castelán na web da revista res

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade