Área privada

5º Concurso TFG.eduso

Venres, 28 Xullo de 2017 | Tags: educación social , concurso , Comunicación , universidade

Ábrese unha nova edición do Concurso de traballos de fin de grao arredor da Educación Social TFG.eduso, que pretende dar recoñecemento e visibilidade aos traballos realizados polo alumnado de grao de Educación Social. 

O prazo de presentación de traballos é do 1 de agosto ao 1 de decembro.

Nesta convocatoria poderán participar as persoas que presentasen o seu traballo de fin de grao durante o curso 2016/2017 en calquera universidade galega, incluídos os centros UNED galegos, usando a lingua galega –deste requisito están dispensado o alumnado da UNED- e que acadasen unha nota mínima de 8. Mantéñense, como nas edicións anteriores, dúas categorías diferentes: Educación Social ESTENDIDA (para aqueles traballos que investiguen acerca dos ámbitos e temáticas tradicionais da Educación Social), e Educación Social ESCONDIDA (para os que se traten novos ámbitos de proxección profesional ou metodoloxías novidosas e inclusivas)

Descargar bases do concurso

Descargar anexos en formato editable

Descargar cartaz

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade