Área privada

Consulta 'Por un emprego digno 2017'

Mércores, 26 Xullo de 2017 | Tags: inclusión , pobreza , consultas

A Rede Galega contra a Pobreza (EAPN-Galicia) é unha entidade non lucrativa e de acción social que agrupa a entidades autonómicas do terceiro sector implicadas na loita contra a pobreza e a exclusión a través da defensa dos dereitos dos colectivos en risco e da súa participación comunitaria plena.

Unha das actuacións prioritarias da maioría das organizacións que forman parte de EAPN-Galicia, así como outras organizacións e administracións implicadas, é a procura dun emprego digno para as 700.000 persoas que en Galicia están en risco de pobreza ou exclusión.

Neste momento, e ata o 7 de setembro, mantén activa unha consulta que pretende obter unha visión dos principais problemas que se detectan nas diferentes políticas e ferramentas de inserción sociolaboral para seren compartidos entre profesionais, ONG e administracións implicadas e buscar solucións a esta situación.

Todas as respostas que cheguen enriquecerán as propostas que despois eleven ás administracións públicas competentes en materia de emprego e inclusión.

Quen queira participar da mesma (levaralle sobre 6 minutos), pode informase máis detalladamente e acceder á consulta neste enlace: http://eapn-galicia.com/grazas-por-participar-na-consulta-por-un-emprego-digno-2017/

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade