Área privada

Consulta 'Por un emprego digno 2017'

Mércores, 26 Xullo de 2017 | Tags: inclusión , pobreza , consultas

A Rede Galega contra a Pobreza (EAPN-Galicia) é unha entidade non lucrativa e de acción social que agrupa a entidades autonómicas do terceiro sector implicadas na loita contra a pobreza e a exclusión a través da defensa dos dereitos dos colectivos en risco e da súa participación comunitaria plena.

Unha das actuacións prioritarias da maioría das organizacións que forman parte de EAPN-Galicia, así como outras organizacións e administracións implicadas, é a procura dun emprego digno para as 700.000 persoas que en Galicia están en risco de pobreza ou exclusión.

Neste momento, e ata o 7 de setembro, mantén activa unha consulta que pretende obter unha visión dos principais problemas que se detectan nas diferentes políticas e ferramentas de inserción sociolaboral para seren compartidos entre profesionais, ONG e administracións implicadas e buscar solucións a esta situación.

Todas as respostas que cheguen enriquecerán as propostas que despois eleven ás administracións públicas competentes en materia de emprego e inclusión.

Quen queira participar da mesma (levaralle sobre 6 minutos), pode informase máis detalladamente e acceder á consulta neste enlace: http://eapn-galicia.com/grazas-por-participar-na-consulta-por-un-emprego-digno-2017/

Comentarios (19)

1 | Antón Lafuente - Luns, 07 Agosto de 2017 ás 16:16

A idea paréceme moi boa, pero ben estaba que comezaran a varrer pola casa. Na EAPN hai varias entidades, como Igaxes3, que non se caracterizan precisamente por garantir o emprego digno para os seus traballadores. Non parece o mellor punto de partida para "procurar un emprego digno para as 700.000 persoas que en Galicia están en risco de pobreza ou exclusión", precisamente...

2 | Bea - Xoves, 31 Agosto de 2017 ás 09:16

Concordo 100% con Antón Lafuente.

3 | Teresa Castro - Venres, 01 Setembro de 2017 ás 10:16

Ola, esta campaña paréceme moi interesante e importante porque en canto a cuestións laborais hai moito que mellorar. Comezando por institucións do terceiro sector coma IGAXES3 que se adican entre outras funcións a esta cuestión pero dun xeito xeito paradóxico xa que as condicións das persoas que traballan para eles, o fan baixo unhas malas condicións laborais. Debido a isto, a entidade conta con varias denuncias que foron gañadas polas persoas denunciantes e nas que queda manifesta a vulneración dos seus dereitos coma traballadoras. Penso que para comezar poderíase investigar a estas entidades para cerciorarse de que elas son as primeiras que crean e sosteñen un traballo digno. Un saúdo, moitas grazas.

4 | Dolores Mata - Venres, 01 Setembro de 2017 ás 16:20

Continuando co debate que se xenera por aqui, gustaríame felicitarvos pola campaña, é moi necesaria e interesante, mais si que é necesario falar de entidades como Igaxes3 si queremos realmente traballar para xenerar empregos dignos. É hora de chamarlle ás cousas polo seu nome e non me vou remitir máis que a feitos obxectivos para falar deles. En primeiro lugar, Igaxes3 ten, non unha nin dúas, senón moitas denuncias de traballadores (perdidas todas pola insitución) por vulnerar os dereitos laborais dos seus empregados e incumprir o convenio de xeito reiterado. Estas denuncias son todas públicas e se poden consultar (é máis, creo que é obriga moral dunha rede contra a pobreza facelo, para así coñecer a quen se ten por aliado). En segundo lugar, tanto Carlos Rosón como Luis Barreiro (e creo que algún cargo directivo máis de Igaxes3) non teñen titulación relacionada co mundo do social, co cal, non están acreditados para adicarse ao que se adican. En definitiva, é importante loitar porque as entidades que conforman a EAPN xeneren emprego digno para poder así levar a cabo iniciativas coma esta. Moitas gracias por todo.

5 | Dolores Mata - Domingo, 03 Setembro de 2017 ás 21:52

Antes de nada quería felicitarvos por esta iniciativa tan estupenda e necesaria. Parabens! Así e todo, é preciso facer mención á cuestión plantexada nestes comentarios. Na EAPN hai entidades como Igaxes3 que vulneran reiteradamente os dereitos dos seus traballadores e non crean emprego digno, co cal, compre comezar por comezar a meter man nesta cuestión. Pódese xenerar emprego digno cando os propio empregados non o teñen? Eu penso que non. Igaxes3 ten ducias de denuncias perdidas todas e que, ademais son públicas, por incumprir o convenio e ter aos traballadores en condicións ilegais. É unha obriga moral consultalas e expulsar a esta entidade da Rede si se pretende rematar coa pobreza. Un saúdo e moitas gracias por todo.

6 | Silvia Pérez - Domingo, 03 Setembro de 2017 ás 22:13

Boas, a iniciativa paréceme moi boa e necesaria, pero estou de acordo co que comentan Antón Lafuente e Teresa Castro, que para que esta iniciativa sexa real deben participar nela entidades que cumpran e respeten o traballo digno, e no caso de IGAXES 3, non se cumpre isto, podéndose comprobar nas varias denuncias que ten de traballadores...

7 | Fimima - Domingo, 03 Setembro de 2017 ás 22:45

Como se di anteriormente nos comentarios, é incoherente que entidades que pertencen a EAPN( Igaxes e Arela, por exemplo) non cumplan cos seus propios obxectivos, o máis importante a loita contra a pobreza. Moitas das traballadoras que desenvolven a súa labor profesional nestas entidades teñen un salario por baixo do convenio e teñen graves problemas de CONCILIACIÓN por mor de horarios imposibles e quendas de noite, ou fins de semana.

8 | Lorena Conde - Luns, 04 Setembro de 2017 ás 08:54

Ben por esta iniciativa. Mais todas as entidades pertencentes a EAPN deberían dar exemplo e respectar, como mínimo, os convenios. Igaxes3 é un exemplo moi claro do que quero dicir. É preciso e esixible que todas estas entidades sexan honestas e respectuosas coa dignidade das traballado.

9 | Elsa - Luns, 04 Setembro de 2017 ás 23:42

Concordo co quebse comenta aquí enriba. Quen predica q cumpra!

10 | Sara - Martes, 05 Setembro de 2017 ás 13:40

Paréceme unha iniciativa moi importante e interesante pero, mentres entidades como Igaxes traballen con colectivos en risco, estes nunca van ter unhas condicións dignas de traballo, pois os dereitos laborais dos traballadores da entidade estanse incumprindo reiteradamente.

11 | Manu - Martes, 05 Setembro de 2017 ás 16:28

Noraboa pola campaña. É preciso este debate e para que isto torne serio deberíanse revisar as accións dalgunhas das entidades que forman a EAPN,coma Igaxes que dubido que loite contra a pobreza cando reiteradamente avasalla os dereitos dos seus traballadores.

12 | María - Mércores, 06 Setembro de 2017 ás 09:14

Estou de acordo co que se di nesta conversa. Igaxes non crea emprego digno polo que non debería formar parte dunha campaña que promove esta cuestión

13 | Patri O. - Mércores, 06 Setembro de 2017 ás 15:40

Non coñezo os detalles do que pasa en Igaxes, pero créolle ben á xente que falou aquí. Espero que sirva tamén para que se empece a falar das condicións laborais nas ONG, que en moitos casos son extremas: horas extra sen pagar, inestabilidade levada ao extremo, uso perverso dos cooperas para non ter á xente estable... Espero que algún sindicato mire para aquí!

14 | Patricia Alonso - Mércores, 06 Setembro de 2017 ás 20:32

A primeira responsabilidade social das organizacións que fan parte da EAPN é para cos seus traballadores. Empresas como IGAXES 3, que violentan gravemente o convenio e tratan de forma deshonesta ás súas traballadoras, deitan unha sombra de sospeita sobre todo o colectivo. Non se pode falar de procurar un traballo digno para as persoas en risco de exclusión sen partir do máis elemental: garantir un traballo digno para as persoas que de ti dependen. Espero que tomedes en conta estes comentarios, e a cantidade de sentencias en contra de IGAXES 3, e tamén que estudedes polo miúdo as outras asociacións que fan parte desta rede, para que os cambios que promovedes sexan reais e efectivos.

15 | Laura q. - Mércores, 06 Setembro de 2017 ás 23:00

Concordo co resto dos comentarios, interesante campaña, mais creo que se debería controlar quen participa, Igaxes 3 non é exemplo, unha empresa que non cumple cos seus propios traballadores non é a òptima para participar meste proxecto. Saúdos

16 | María Calvo - Mércores, 06 Setembro de 2017 ás 23:19

As campañas coma esta son moi necesarias mais deben procurar a coherencia interna e garantir unhas condicións laborais dignas para os traballadores do sector. Non deixa de chamarme a atención o caso de IGAXES: cónstame que esta empresa é cruel cos seus empregados, ós que desautoriza, enfrenta e mesmo humilla; a relación que establecen con eles é totalmente abusiva e tiránica. IGAXES FORA!

17 | Iván Fernández - Mércores, 06 Setembro de 2017 ás 23:21

Qué importante ter un emprego digno!! Pero resulta un pouco hipócrita que empresas que forman parte de EAPN, ainda que elas se fan chamar entidades, non prediquen co exemplo. Por aquí fálase de IGAXES3, quen fai uns anos levou a cabo una ondada de despidos masivos polo feito de que a xente que alí traballaba tivo a osadía de reclamar os seus dereitos; persoas moi válidas e cunha ética impecable, quenes denunciaron e gañaron todos os xuízos ou conciliacións (como xa se dixo). Ante tal rebelión, que podemos facer? Un master propio e así xa adoctrinamos á xente antes de contratala. E moitas veces, non accedemos a un emprego digno porque a xente que dirixe este tipo de entidades non é do sector, buscan optimizar os recursos sacando o maior dos beneficios, contratando a educadores, ou licenciados coa categoría profesional de "auxiliar"; outro exemplo disto: IGAXES 3, donde Luis Barreiro e Carlos Rosón estudiaron dereito, Cristina Rozas ou Manuel Noya algo relacionado co mundo empresarial: relacións laborais ou empresas. IGAXES 3; exemplo perfecto do dito: "fai o que eu digo, e non o que eu fago".

18 | Helena Louro - Xoves, 07 Setembro de 2017 ás 21:45

Definitivamente non se poden obviar os comentarios que aquí se están vertendo sobre IGAXES3....E o certo é que para a dignidade dunha persoa, tan importante é o soldo que recibes polo traballo realizado como o trato recibido por parte dos e das superiores....e a verdade é que esta entidade cumpre o convenio no que respecta aos salarios, pero incumpre nas categorías baixo as que contrata, nas horas trabalhadas e no que ao meu parecer é moi grave, o trato persoal coas traballadoras, as faltas de respecto, humillacións e ameazas encobertas de despido....un maltrato verbal cara a aquelas persoas que sacan o traballo día a día nos recursos tutelados. Pero claro, sobre isto último non hai nada escrito...ven se coidan de que non quede constancia. O dito ao longo deste fío, non pode formar parte dunha campaña de promoción do emprego digno quen ten un comportamento tan indigno co seu persoal.

19 | Santiago Torres - Venres, 08 Setembro de 2017 ás 20:55

Unha vez lidos os comentarios que deste fío se desprenden, so cabe apuntar que tamen se debe elevar ás administracions públicas todas as ilegalidades e inxustizas que a entidade « que se fai chamar social» IGAXES non siga xestionando programas sociais públicos, malgastando fondos públicos en indemnizacions por despidos improcedentes e humillando a traballadores. Polo que espero que esta iniciativa sirva ao mesmo tempo para dar luz ás irregularidades que se comenten no eido social, o cal debe ser exemplo de xustiza e inclusión e non de discriminación e humillación como é o caso de IGAXES.

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade