Área privada

Formación con desconto: Congreso internacional cannabis e derivados: saúde, educación e lei

Mércores, 04 Outubro de 2017 | Tags: Drogodependencias , adiccións , formación , descontos , toxicomanía

O vindeiro mes de novembro terá lugar en Catoira o Congreso internacional cannabis e derivados: saúde, educación e lei, unha iniciativa científica que aglutinará a profesionais sanitarios e da educación, estudantes da rama socio-sanitaria e todas aquelas persoas interesadas en dar unha resposta aos problemas derivados do consumo de cannabis. Para quen non poida acudir de forma presencial, será retransmitido por Streaming.

Será concretamente os días 24 e 25 de novembro, e entre os diferentes tipos de cotas establece unha especial para profesionais colexiadas/os.

Existe a posibilidade de presentar comunicacións orais e póster, para as que o prazo de presentación finaliza o día 24 de outubro de 2017. Haberá premios en metálico para as máis votadas. Cos textos dos relatorios, comunicacións e póster editarase un libro co seu correspondente ISBN.

Web do congreso


Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade