Área privada

II Xornadas sobre a Lei de Educación Social

Venres, 30 Xuño de 2017 | Tags: Ceesg , cgcees , lei de ES

Dende o CGCEES convocan un encontro no que participarán representantes de colexios profesionais de educación social de diferentes territorios, co obxectivo de darlle forma á redacción final da lei de regularización da educación social.

Esta é a segunda ocasión na que terá lugar unha acción deste tipo, pois en marzo deste ano desenvolveuse a primeira parte, que serviu para ter o primeiro borrador do texto articulado.

A sede do Ceesg acollerá este encontro que se celebrará do 28 ao 30 de xullo, e emprazamos a participar a toda persoa que queira aportar o seu gran neste traballo.

Descarga o programa para maior información, e se tes interese, chámanos por teléfono para anotarte.

Descargar programa.

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade