Área privada

Formación con desconto: Docencia da FP para o emprego

Venres, 23 Xuño de 2017 | Tags: Emprego , formación , descontos , docencia , certificado de profesionalidade

Quelqum organiza en próximas datas unha nova edición do Certificado de profesionalidade Docencia da formación profesional para o emprego.
Comezo o 17 de xullo, ata febreiro de 2018. Modalidade teleformación con sesións presenciais en Santiago de Compostela.

Ofrecen condicións especiais para as persoas colexiadas do Ceesg, cun cota reducida de 876€ (en tres cotas de 292€) ou cota superreducida de 855€ nun pago único. (Prezo xeral para non colexiadas/os: 1095€)

Para máis información, contactar con Quelqum no teléfono 981 939 061 de 8 a 15 h. Xa que hai poucas prazas dispoñibles para esta edición, podes bloquear unha praza a través de solicitude por correo electrónico escribindo a info(a)quelqum.com.

Ver programa

Ver calendario da docencia


Para qué serve o certificado de profesionalidade?

O Centro de Formación QUELQUM está homologado para impartir, entre outros, o certificado de profesionalidade de Docencia da Formación Profesional para o Emprego, con validez en todo o territorio nacional. Unha vez finalizado o curso, o alumnado recibirá un diploma que lle permitirá solicitar e obter de forma automática o certificado de profesionalidade correspondente.

Tal e como se recolle no Real Decreto Real Decreto 189/2013, de 15 de marzo, o certificado de profesionalidade de Docencia de Formación Profesional para o Emprego, capacita e acredita aos/ás formadores/as para poder impartir formación nos certificados de profesionalidade, ben sexan privados ou subvencionados, incluíndo certificados de profesionalidade en liña, cunha demanda crecente profesionais.

Este curso forma en metodoloxía docente, polo que tamén te capacita para ser formador/a de formación non regrada e formación ocupacional.


Como educador/a social, necesito este certificado de profesionalidade para impartir docencia en formación profesional para o emprego?

Neste momento, si. O Real Decreto que o regula non contempla a educación social como titulación competente para a docencia na formación profesional para o emprego. Están exentas as persoas que teñan cursado o CAP, Máster de profesorado ou equivalente.

Dende o Ceesg, consideramos que isto non debería ser así, e proporemos ao CGCEES que se tome algunha medida para intentar cambiar esta situación.
A pesar de non estar de acordo coa normativa actual, a realidade é que como educadoras/es sociais, se queremos exercer a docencia neste ámbito, temos que cursar este certificado. Por iso, facilitamos esta información e aceptamos esta promoción formativa. Entendémolo como unha oportunidade para mellorar a nivel profesional e persoal, e iso é o que queremos primar no Ceesg: abrirnos portas.

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade