Área privada

19X. AlertaFeminista

Venres, 16 Xuño de 2017 | Tags: , igualdade , Feminismo

O próximo 19 de xuño as Organizacións de Mulleres únense á iniciativa promovida polo Movemento Feminista de Valencia e convocan #19XAlertaFeminista ante a aprobación do próximos PGE para 2017, e seguir denunciando que estes orzamentos non atenden as necesidades sociais e agravan os problemas de desigualdade entre homes e mulleres con consecuencias desastrosas para a vida das mulleres.

A idea é facernos presentes o 19 de xuño en todos aqueles concellos nos que unha Asociación de Mulleres, entidade, organización ou un simple grupo de mulleres queira organizalo.

Esta é unha proposta colectiva, sen padroazgos, tutelas nin protagonismos. Xorde das mulleres e é levada adiante por todas elas.

Dende o Ceesg facemos nosa a iniciativa, e animamos a todas as mulleres e entidades a que o fagan tamén. Que o 19 de xuño nos fagamos visíbeis, dun modo maioritario, en todos os concellos, e que esta iniciativa consiga o efecto desexado.

Sen recursos e orzamentos os poderes públicos empezan a ser responsábeis das violencias machistas. Por iso esiximos a urxente asignación de partidas orzamentarias para combater as violencias machistas.

Se os poderes públicos, e á fronte deles o Goberno central, non habilita de inmediato recursos e orzamentos para facer fronte ao terrorismo machista que segue asasinando a mulleres e criaturas, van ter que asumir a responsabilidade que lles corresponde.

Xa non podemos aguantar nin un asasinato máis e porque, ademais, non se mostra interese en acabar co machismo, nin cos privilexios que sustenta o patriarcado, porque os asasinatos de mulleres normalizáronse, porque mañá podemos ser calquera de nós, ou as nosas fillas, nais, veciñas ou amigas, por iso unímonos ás mulleres e organizacións de mulleres para sumarnos a esta iniciativa a nivel estatal.

Cal é a proposta?

Trátase de facerse presentes o 19 de xuño en todos aqueles concellos nos que unha Asociación de Mulleres, entidade, organización ou un simple grupo de mulleres queira organizalo.

Cal é a esixencia?

Aumentar a 120 millóns de euros a asignación orzamentaria destinada á igualdade e á loita contra a violencia machista.

Por que ese día? Por que o 19 de xuño?

Porque nesa semana está previsto que se discuta e aprobe a última versión dos Orzamentos Xerais para o 2017.

En que consiste a acción?

A acción presenta 2 posibilidades, unha común e unha individual (non son excluíntes):

  • A parte común consiste en facerse presentes ás 12 horas da mañá do 19 de xuño nos Concellos para facer lectura pública dunha moción, instando ao Goberno do Estado á ampliación dos fondos destinados á loita contra a violencia machista.
  • A parte individualizada en continuar até as 12 da noite, organizando actividades diversas que contribúan a argumentar a esixencia de orzamentos para a igualdade e contra a violencia.

Máis información

Páxina do Movemento Feminista de Valencia con información sobre a proposta 

Ler o manifesto

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade