Área privada

Relendo a Vida. Clausura de actividades con 'Machismos, de micro nada'

Venres, 16 Xuño de 2017 | Tags: igualdade , publicacións , Comunicación , Fiadeiras , Feminismo , lectura

O concello de As Pontes, a través da súa biblioteca municipal e do CIM, organizou este ano e a través de diferentes temáticas e autoras/es un espazo para a reflexión, o debate e a creación, ao que chamaron 'Relendo a Vida'

Textos do libro 'Machismos: de micro nada', de Fiadeiras Ceesg, grupo de traballo do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (Ceesg), serviron para centrar o debate, a reflexión e a concienciación sobre a necesidade de incorporar a perspectiva de xénero nas nosas vidas coa finalidade de acadar unha sociedade igualitaria.

O próximo martes 20 de xuño ás 20:00 horas, na Biblioteca Municipal 'Enrique Rivera Rouco', será a clausura desta actividade, e contarán con Tania Merelas, Natalia Domínguez e Noelia Darriba, integrantes de Fiadeiras, para falar deste libro.

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade