Área privada

Bolsa de proxectos de formación do Ceesg.

Luns, 09 Outubro de 2017 | Tags: formación , convocatoria

Nesta andadura do Ceesg (2015-2019), cremos necesario retomar a iniciativa que as compañeiras da anterior Xunta de Goberno levaron a cabo, de creación dunha bolsa de Actividades de Formación.

Esta iniciativa vén xustificada polo feito de considerar como imprescindible a formación das educadoras e educadores sociais, coa finalidade de mellorar a súa empregabilidade e de poder enfrontarse de forma exitosa ao exercicio do seu quefacer profesional.

Sabemos que hai moitas e moitos profesionais da Educación Social con ampla experiencia en ámbitos específicos do social, que poderían ser grandes formadoras/es para outras educadoras e educadores. Polo que, a nosa idea, é que dende o Ceesg se lles brinde a oportunidade de iniciarse ou consolidar a súa traxectoria profesional na docencia; así como facilitar a implicación na formación das educadoras e educadores sociais.

Deste modo, abrimos unha convocatoria a través da cal as persoas interesadas poidan impartir formación relacionada con calquera ámbito da educación social, que se incluirá no plan de formación do Ceesg 2018.

Descargar convocatoria

Descargar ficha de solicitude

Comentarios (2)

1 | Antonio Fernández - Venres, 01 Setembro de 2017 ás 00:04

Podria dar ejemplos y practicas deportivas relacionadas connla inclusion social de adolescentes y jóvenes en riesgo. Prácticas desarrolladas en el Barrio del Raval de Barcelona, con normariva propia y mixtos. 1. Liga de Valores del Raval 2. Liga de Ultimate Frisbee

2 | Ceesg - Venres, 01 Setembro de 2017 ás 08:25

Moitas grazas Antonio. Envía a túa proposta coa ficha de solicitude para que poida ser valorada.

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade