Área privada

Próximo cobro de cotas colexiais. Aviso sobre cotas reducidas

Venres, 16 Xuño de 2017 | Tags: Ceesg , cotas

Durante o mes de xullo procederase ao cobro da cota colexial correspondente ao segundo semestre do 2017, para aquelas persoas que non se acollesen á cota única anual (que de xeito excepcional se fixo neste 2017, a través da campaña 15-15-15).

Para beneficiarte de algunha das cotas reducidas (por desemprego, residencia no estranxeiro, salario inferior ao SMI ou situacións análogas) debes presentar a documentación pertinente ata o día 30 de xuño (incluído).

Recordamos o importe das cotas e a documentación a presentar en cada caso:

Tipo de cota
Cuantía

Documentación a presentar ata o día 30 de xuño

Xeral 71,12 € Ningunha

Bonificada por desemprego

Aplicada tamén a pensionistas, estudantes, ou situacións equivalentes acreditadas

35,56 €

Copia actualizada da tarxeta de demandante de emprego, ou acreditación pertinente.

Se no anterior cobro non foches beneficiario deste tipo de cota: 

Solicitude de cota de mantemento semestral bonificada.

Bonificada por residencia no estranxeiro

35,56 €

Acreditación de residencia no estranxeiro.

Se no anterior cobro non foches beneficiario deste tipo de cota: 

Solicitude de cota de mantemento semestral bonificada.

Bonificada por salario inferior ao mínimo interprofesional (SMI) 53,34 €

Copia actualizada do certificado da Tesourería Xeral da Seguridade Social acreditativo da/s última/s Base/s de Cotización.

Se no anterior cobro non foches beneficiario deste tipo de cota:

Solicitude de cota de mantemento semestral bonificada.Solicitude de cota de mantemento semestral bonificada.

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade