Área privada

Envío de artigos para a revista RES, nº 25: retos da educación social en temos de globalización

Mércores, 23 Agosto de 2017 | Tags: cgcees , Comunicación , Revista RES , estatal , globalización

O número 25, que se publicará en xullo de 2017, estará dedicado no seu tema monográfico a reflexionar sobre Os retos da educación social en tempos de globalización.

Marco Marchioni falábanos no diálogo final do Congreso de Sevilla sobre a crise “glocal”, utilizando este neoloxismo mestura de global e local e que nos convida a “pensar globalmente e actuar localmente”. Ese quizais sexa o escenario: unha situación onde todo está esvaecido e confúndense os límites do local e o global. Un cambio de época onde quizais haxa que recuperar a centralidade do social, o comunitario, o político como factor de mellora das sociedades, da dignidade que nos ha de facer pensar se todas as leis son xustas (lembrando a Ghandi, quen nos dicía: “cando unha lei é inxusta, hai que desobedecela”), de se é o mercado o que ha de gobernarnos, de como podemos facer para aumentar a cidadanía social e a igualdade de dereitos, etc. E dentro deste universo cambiante, identificar os perigos dalgúns dos encargos que se nos fan profesionalmente que están máis preto da clasificación de persoas (e dos seus dereitos) e da xestión diferencial das poboacións (Castel). Reflexionar sobre como habemos de dar resposta a esta nova época é máis urxente que nunca. E ao facelo, habemos de ter sempre presente que nós vivimos no núcleo da tensión e que nos debemos ás persoas que encarnan a demanda implícita do noso acompañamento socioeducativo como dereito de cidadanía.

Desde RES, Revista de Educación Social, que é o voso espazo de palabra, de discurso, de mensaxe, de relato, desde esta xanela aberta ao mundo, animámosvos a compartir nas vosas experiencias, as vosas reflexións, as vosas certezas e as vosas incertezas: Freire dicíanos que “o único certo, é que todo é incerto”. E seguir dando así resposta a o Compromiso de Sevilla no noso quefacer profesional cotián e a nosa implicación cunha realidade máis xusta e solidaria. Esperamos as vosas propostas de colaboración para o tema monográfico!

E lembrámosvos que tamén podedes enviar propostas para a sección de miscelánea, na que damos saída a aqueles temas interesantes que recibísemos (pasando tamén por un proceso de revisión de par cega). E que están abertas á vosa achega igualmente as seccións de actualidade e recensións.

Orientacións sobre colaboracións

Autorización de artigos

Criterios de publicación

Recepción de artigos e propostas de colaboración no e-mail: res@eduso.net

Para calquera dúbida podedes consultar o apartado COLABORAR na parte superior da pantalla.

Posibilidade de enviar artigos ata o 15 de xuño de 2017.

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade