Área privada

Convocatoria aberta. Revista revirada nº 2: FARTAS!

Luns, 08 Maio de 2017 | Tags: , Comunicación , Feminismo

A revista feminista Revirada abre a convocatoria para participar no seu nº 2 que será publicado o 1 de Outubro de 2017.

Desta vez o tema central terá como palabra clave FARTAS! e acéptanse diferentes formatos (artigos, videos, deseños, audios, reseñas, entrevistas...)

Teñen especial interese en propostas sobre áreas como o deporte, a música, o humor, a arte, a cociña, entretemento, viaxes... máis alá das habituais en política, opinión e sexualidade, tanto para versión en liña como en papel.

Se tes interese, escríbelles a reviradafeminista@gmail.com

A data final para presentación de propostas é o 30 de xuño.

Máis información

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade