Área privada

XIII Xornadas interxeracionais rurais. Aprendendo cos nosos maiores

Luns, 08 Maio de 2017 | Tags: infancia , formación , persoas maiores , interxeracional

As Xornadas Interxeracionais Rurais seguen cumprindo anos coa participación de veciñas e veciños do concello de Xermade, e coa colaboración de diversas entidades, entre as que está o Ceesg.

Este ano darase continuidade ás mesas de experiencias agrogandeiras; falarase das experiencias radiofónicas nas parroquias de Lousada, Roupar, Xermade, Momán e Cabreiros a través das distintas asociacións veciñais e de mulleres rurais.

Farase entrega do III Premio de Investigación 'Xermade na historia' e presentarase o libro 'Xermade na historia-1' onde se recollen os traballos premiados nas dúas edicións anteriores.

Na parte médica que se inclúe todos os anos, falarase de Alerxias co doutor Francisco Javier Carballada González, Xefe do servizo de alerxia do HULA (Lugo).

A Asociación veciñal de Cabreiros fará a presentación da súa nova páxina Web, asimesmo se presentará a Web A Casa da Neveira e a Guía de Xermade e da Serra da Carba da Asociación Cultural Roteiros da Carba.

Cándido Díaz, fotógrafo, achegaranos a Memoria histórica fotográfica da parroquia de Cabreiros, parte dun traballo que se espera máis extenso.

E para rematar, poderemos facer xoguetes coa Sociedade Cooperativa Miudiño e desfrutar do teatro co grupo Aturuxo de Melpómene.

Será os días 27 de maio, e 3 e 10 de xuño. A entrada para todas as actividades é gratuita ata encher aforo.

Máis información

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade