Área privada

5ª Xornadas de Interpretación e Dinamización do Medio Rural

Mércores, 03 Maio de 2017 | Tags: Cultura , formación , colaboracións , desenvolvemento comunitario

O Ceesg colabora coa Asociación Carballo Vivo para a organización destas xornadas, que pretenden contribuír a promover o interese pola cultura e tradicións propias da parroquia de Carballo e do Concello de Friol, ademais de supor unha oportunidade para analizar a situación do rural e poder coñecer experiencias e estratexias que nos permitan contribuír a impulsar iniciativas de desenvolvemento social e económico na nosa contorna.

Será os días 6, 13 e 17 de maio, e desenvolveranse as actividades habituais con algunha sorpresa na que traballa de xeito intensivo a citada asociación. Se as sesións dedicadas ao lobo (día 6) e á saúde (día 13) xa son fixas para a organización, hai que facer mención especial ao terceiro día das Xornadas que fan coincidir co 17 de maio --Día das Letras Galegas, dedicadas este ano a Carlos Casares-- e que se aproveita, entre outras actividades, para a presentación do Grupo de Teatro de Carballo Vivo que porá en escena 'As laranxas máis laranxas de todas as laranxas' obra do propio autor homenxeado.

Ver programa

 

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade