Área privada

Ciberactivismo: identificar e combater o discurso do odio en internet

Venres, 28 Abril de 2017 | Tags: formación , activismo

Ecos do Sur acaba de convocar o curso online 'Ciberactivismo: como identificar e combater o discurso do odio en Internet', impartido polo Institut de Drets Humans de Catalunya, SOS Racisme e United Explanations. Formación con titorización personalizada e vocación práctica para os/as activistas da era dixital.
Como xerar e difundir discurso alternativo en Internet? Que ferramentas e estratexias poden utilizar as/os ciberactivistas para confrontar o odio xenófobo e os ataques aos DD.HH.? Como coordinar accións para alcanzar maior impacto? Como elaborar contradiscurso? son algúns dos temas que se abordarán na formación, co obxectivo de 'armar' ás e aos futuras/os activistas dixitais polos Dereitos Humanos.

O discurso do odio contra colectivos como o migrante prolifera na internet, propiciando un clima dixital de crispación, a expansión de información falsa e un constante aumento dos delitos de odio.

O 80% do importe do curso está subvencionado; as/os alumnas/os seleccionadas/os soamente terán que abonar o 20% restante, que ascende a 40 euros. Con todo, haberá posibilidade de desconto e bolsas completas para persoas con escasos recursos económicos. A preinscrición xa está aberta a través desta ligazón.

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade