Área privada

Formación sobre xénero: feminismos culturais e masculinidades

Xoves, 04 Maio de 2017 | Tags: igualdade , formación , Feminismo

O mércores 10 de maio, a Coordinadora Galega de ONGD organiza unha formación dirixida a todas as persoas interesadas en formarse en cuestións vinculadas ao xénero e os feminismos. Será de 10 a 14:30 horas en Compostela, na Escola Galega de Administracións Públicas (Rúa Madrid 1-3).

Esta nova formación ten o obxectivo de afondar en coñecementos específicos sobre a diversidade dos feminismos. Para iso, na segunda parte do obradoiro crearanse grupos para coñecer algúns feminismos (latino, negro e musulmán) e traballar as masculinidades (espazo só para homes). Estas temáticas foron escollidas na anterior formación.

Para asistir non é preciso ter participado na anterior sesión. A formación é de balde e contará coa facilitación de persoas vinculadas á ONGD Intered.

Enlace para a inscrición (ata o día 8, incluído)

Charla con Haydée Castillo, pola tarde, na Libraría Lila de Lilith

Na mesma liña de coñecer que traballo están a facer noutros lugares do mundo os colectivos feministas na defensa dos dereitos das mulleres e dos pobos, o mesmo día 10 pola tarde terá lugar unha charla na Libraría de Mulleres Lila de Lilith, con Haydée Castillo, do Instituto de Las Segovias en Nicaragua.

Aproveitando a visita de Haydée en Galicia, contaranos o traballo que están a levar a cabo en Nicaragua. Poderemos escoitala, compartir opinións e coñecernos. Será a partir das 18:30 horas na rúa Travesa, 7, Compostela.

Comentarios (3)

1 | Bárbara - Mércores, 03 Maio de 2017 ás 20:29

Ola! quixen facer a miña incrición no curso "Formación sobre xénero: feminismos culturais e masculinidades" e cando quixen encher o formulario dicíame que non se aceptaban máis respostas no formulario... non sei se hai problemas coa aplicación ou é que xa non colle máis xente, de ser así gustaríame estar na reserva. Interesabame moito facer a formación, un grupo co que vou xa se apuntaron. Grazas!

2 | Olga - Xoves, 04 Maio de 2017 ás 00:12

Buenas tardes Me gustaría apuntarme al curso de género pero no sé muy bien cómo debo hacer.

3 | Ceesg - Xoves, 04 Maio de 2017 ás 08:12

Ola! Calquera dúbida ao respecto das inscricións tedes que dirixila á entidade organizadora, a Coordinadora Galega de ONGD

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade