Área privada

Concentración contra a expulsión de Daniel Vera

Luns, 17 Abril de 2017 | Tags: inmigración , dereitos , concentración

O Foro Galego de Inmigración convoca unha CONCENTRACIÓN E ROLDA DE PRENSA INFORMATIVA o martes 18 de abril ás 10:00 diante do edificio dos xulgados de Santiago (o novo edificio, que está na Rúa Berlín) contra a terrible e inxusta expulsión express o pasado 26 de novembro de Dani, mozo de nacionalidade paraguaia con máis de 13 anos de residencia continuada en Compostela. Ese día, no xulgado contencioso administrativo nº 2 haberá unha revisión do recurso elaborado e presentando pola Asociación de Madrid do colectivo paraguaio “PARAGUAY RESISTE”

Daniel, de 19 anos, vivía coa súa nai en Santiago de Compostela dende hai máis de 14 anos. Algúns deles baixo a tutela da propia Xunta de Galicia. Unha vez perdida a súa condición de menor tutelado non conseguíu (como tantas outras persoas) unha oferta de traballo para poder regularizar a súa situación. Tivo un procedemento de expulsión que a Policía converteu en Resolución firme para executar de forma inmediata. Foi detido o martes 22 de novembro de 2016 e expulsado o sábado 26 de novembro, pese a todos os intentos realizados por evitar esa terrible inxustiza. Non ten familia significativa para el alí. A súa familia, nai e irmán pequeno (naceu aquí en Compostela) residen aquí dende hai eses mesmos 14 anos. Ela e el estarán tamén ás portas do xulgado esperando una Resolución favorable a Dani.

 

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade