Área privada

Grupo de traballo sobre infancia e adolescencia: Comeza unha nova etapa

Luns, 17 Abril de 2017 | Tags: infancia , grupo de traballo , adolescencia

A infancia e adolescencia é un ámbito de traballo moi significativo da Educación Social. Nos últimos anos, un grupo de educadoras e educadores sociais, a través do grupo de traballo Escaravellando, veu a representar este sector profesional no seo do Ceesg, traballando polo seu desenvolvemento. Non podemos máis que agradecer todo o que levan feito de xeito totalmente desinteresado.

Agora o grupo atópase nun momento no que necesita dunha renovación, para iniciar unha nova etapa, con novos proxectos.

Está por debater a maneira de coller o relevo do traballo que Escaravellando leva feito, pero seguramente será a través do xurdimento dun novo grupo de traballo, formado por persoas que queiran continuar nesta andaina, e por outras que se incorporen neste momento.

Por este motivo, convocamos a unha xuntanza a todas as persoas que teñades interese por colaborar neste novo grupo de traballo. Será o vindeiro 6 de maio (sábado) ás 10:00 na sede do Ceesg (ver ubicación). O obxectivo deste encontro será coñecernos, debater sobre o que cada quen espera do grupo, que vaian xurdindo ideas de accións como grupo, e incluso designar a persoa que actúe como coordinadora, e deixar o novo grupo oficialmente constituído.

Para ter unha previsión de asistencia, pregamos a quen vaia vir que nos avise chamando ao 981552206 ou escribindo a servizos.colexiais@ceesg.org Esperámosvos!

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade