Área privada

Formación con desconto: Atención Integral Centrada na Persoa (AICP)

Mércores, 05 Abril de 2017 | Tags: formación , persoas maiores , descontos , metodoloxía

A Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría (SGXX) impartirá os vindeiros 28 e 29 de abril en Santiago de Compostela o Curso de Formación Especializada Sociosanitaria para a Implementación do Modelo de Atención Integral Centrada na Persoa (AICP) desde o Modelo Tradicional.

Dirixido a estudantes e profesionais do ámbito socio sanitario e impartido por Lourdes Bermejo, licenciada en Ciencias da Educación, diplomada en Xerontoloxía Social, experta en Intervención Social Integral e educadora social. O curso está dirixido por Carlos Dosil, doutor en psicoloxía e vogal de psicoxerontoloxía da SGXX e nel participan diferentes persoas expertas da entidade.

A súa metodoloxía será variada e participativa, con exposicións teórico prácticas, reflexións, debates e traballo individual e en grupos, cunha aprendizaxe significativa e aplicable á realidade dos participantes.

Este curso ofrece desconto para as persoas colexiadas no Ceesg.

Descarga o folleto

Máis información e inscricións

 

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade