Área privada

Proxección de 'Fitos e feitos da Educación Social en Galicia'

Mércores, 05 Abril de 2017 | Tags: Comunicación , video , documental , historia

Hoxe 5 de abril, en Vigo, teremos a oportunidade de ver o documental 'Fitos e feitos da Educación Social en Galicia'.

A Educación Social conforma unha profesión que apenas escribe o que fai. Este documental é un intento de recoller a través de imaxes algunhas mostras do noso quefacer diario, acompañadas de explicacións e reflexións, tanto de educadorxs que poboan a día de hoxe o territorio da Educación Social, como de profesorado universitario, de outrxs profesionais e de representantes de entidades sociais, que no desenvolvemento das súas actividades se foron topando con nós e, así, nos foron coñecendo.

Este traballo audiovisual fai un repaso por algún dos elementos máis destacábeis do pasado máis inmediato da Educación Social en Galicia, mais cunha ansia especial polo presente e polo futuro.

Será ás 7 da tarde no Café de Catro a Catro (Rúa Girona, 16)

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade