Área privada

Xornadas de traballo sobre a Lei de Educación Social

Luns, 03 Abril de 2017 | Tags: Ceesg , cgcees , lei de ES

O Ceesg prepara para a próxima fin de semana (24-26 de marzo) unhas xornadas de traballo intensivas para avanzar na campaña de petición dunha lei de regularización da profesión de Educación Social. Agora que está xa avanzada e en marcha a fase de sumar o maior número de solicitudes posible por parte das profesionais, cidadanía e entidades de todo o estado, temos que centrar os nosos esforzos na proposta de redacción da lei.

Ese será o obxectivo da fin de semana, á que podedes sumarvos as colexiadas e colexiados do Ceesg que o desexedes. Comezaremos na tarde do venres, e continuará a dinámica de traballo durante as xornadas de sábado e domingo. Se podes sumarte e colaborar, avísanos o antes posible (o xoves como máximo). Contacta por teléfono co colexio e informarémoste dos detalles.

Descarga a convocatoria

Os prazos dos que dispoñemos son limitados, polo que esta tarefa é agora unha prioridade na que se están centrando todos os colexios profesionais de Educación Social do estado. Algunhas compañeiras doutras comunidades autónomas tamén se achegarán ata Santiago para sumar todos os esforzos posibles nesta tarefa.

Aproveitamos esta comunicación para recordar que imos contactar cos partidos políticos, e queremos facerlles ver a boa acollida que tivo a campaña aportando copias das solicitudes presentadas. Por iso, pedímosvos que nos facilitedes copia da primeira folla da solicitude que presentastes (non da resposta que vos dea o Ministerio), tanto vosa como outras que puidestes recabar.

 

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade