Área privada

Campaña #PorunaleydeEducaciónSocial. Copia das solicitudes.

Xoves, 23 Marzo de 2017 | Tags: Ceesg , lei de ES

A finais do ano pasado comezaba a campaña #PorunaleydeEducaciónSocial, coa pretensión de facer chegar ao Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade milleiros de peticións solicitando a creación dunha lei de regularización da profesión de Educación Social, e chamar así a atención sobre a importancia da nosa profesión ante a administración pública e ante a sociedade.

Despois da primeira parte desta campaña, na que tiveron protagonismo as redes sociais, para realizar un chamamento a todas as persoas que queiran apoiar a profesión, queremos agora entrar en contacto cos grupos políticos, para solicitar o seu apoio expreso e colaboración. Sería moi importante para isto, respaldar esta petición aos partidos con probas fidedignas do apoio que conseguiu esta campaña por parte da sociedade. Por iso, agora pedímosvos que nos enviedes unha copia das solicitudes que presentastes (da primeira páxina, onde figura o selo de entrada). Isto pode ser moi relevante para conseguir os apoios necesarios. Podedes enviarnos a copia escaneada a ceesg@ceesg.org ou por correo postal á sede do Ceesg.

E se aínda non a presentaches, a que esperas? Descarga o modelo de solicitude aquí.

Grazas polo esforzo e polo apoio! #PorunaleydeEducaciónSocial

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade