Área privada

Convocatoria aberta en Vigo para presentar solicitudes de creación da lei de Educación Social

Luns, 20 Marzo de 2017 | Tags: Ceesg , lei de ES

O Colectivo socioeducativo Os Ninguéns apoia de cheo a campaña #PorunaleydeEducaciónSocial.

Tras organizar hai semanas un faladoiro sobre a necesidade dunha lei de Educación Social, preparan agora unha quedada para facer a presentación das arredor de 100 solicitudes que foron recabando durante este tempo.

Fan un chamamento para asistir a este acto de presentación, apoiando así a campaña. Será o xoves 16 de marzo ás 17:00 h., diante da Delegación da Xunta de Galicia (Rúa Concepción Arenal, 8). Se algunha persoa aínda non fixo a solicitude, haberá solicitudes para cubrir e presentar alí mesmo.

Se xa presentaches a solicitude, animámoste a acudir, facendo visible a defensa dunha regularización da Educación Social. Se aínda non o fixeches, aproveita esta convocatoria de Vigo para facelo colectivamente; e se non podes acudir, recorda que podes descargar a solicitude na nosa web e presentala en calquera rexistro público con ventanilla única.

Día: Xoves 16 de marzo

Hora: 17:00 h.

Lugar: Diante da Delegación da Xunta de Galicia. (Rúa Concepción Arenal, 8 - Vigo)

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade