Área privada

Fíos fóra, documental

Mércores, 08 Marzo de 2017 | Tags: igualdade , mulleres

Neste 8 de Marzo, Amarante Setem quere pór en valor o traballo de miles de mulleres que traballan na confección da nosa roupa e tan invisibilizadas pola moda e as marcas. Son millóns de mulleres que despois de moito traballo e sacrificio son expulsadas, abandoadas e esquecidas por un modelo industrial que promove a deslocalización, na procura do máximo beneficio a costa da precariedade laboral.

Elas e moitas outras falan no seu documental ‘Fíos Fóra. Historias de obreiras, entre costuras e patróns’, realizado por Illa Bufarda.

Despois de máis dun ano de andadura percorrendo Galicia, o resto do estado e outros países, anuncian que dende hoxe xa está dispoñible o seu visionado na web www.fiosfora.gal

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade