Área privada

Presentación do libro 'Machismos, de micro nada' en Narón.

Luns, 13 Marzo de 2017 | Tags: igualdade , Fiadeiras , Feminismo , 8 de marzo

A Concellería de Igualdade do Concello de Narón organiza en colaboración coa asociación de comerciantes da localidade unha campaña de sensibilización para a conmemoración do Día Internacional das Mulleres (8 de marzo).

Entre outras actividades, está prevista a presentación do libro 'Machismos, de micro nada' por parte do grupo de traballo do Ceesg Fiadeiras, artífice desta publicación. Será concretamente o día 9 de marzo na Biblioteca municipal de Narón (R/ 25 de Xullo, s/n)

Esta campaña inclúe ademais outras actividades interesantes que se celebrarán proximamente. Ver cartaz da campaña.

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade