Área privada

Aviso. Peche puntual da oficina do Ceesg

Mércores, 20 Decembro de 2017 | Tags: Ceesg

Do martes 26 ao xoves 28 de decembro, atenderase en horario de mañá, de 9:00 a 14:00 h. (tardes pechado). A partir do 29 de decembro voltamos ao horario habitual:

Mañás: luns a venres de 9:00 a 14:00 h.

Tardes: luns a xoves de 17:00 a 19:00 h.

Ver días de peche da oficina no 2017

Comentarios (4)

1 | eumesmo - Martes, 28 Novembro de 2017 ás 20:12

Esto de 72,12 cota semestral!!! que som os prezos para as pessoas que viven en SUIZA porque para vivir na Galiza co paro que hai nao penso que alcanze, sinverguenzas, hai de todo en este pais?

2 | Ceesg - Mércores, 29 Novembro de 2017 ás 11:22

Ola, A que indicas é a cota semestral para persoas que traballen. Hai cotas reducidas para quen estea en situación de desemprego ou cobrando un salario inferior ao mínimo, e situacións análogas. As cotas colexiais son aprobadas en asemblea xeral, é dicir, teñen o respaldo do colectivo de colexiadas/os. Agradeceríamos que te aforres as faltas de respecto nos teus comentarios. Un saúdo

3 | eumesmo - Sábado, 30 Decembro de 2017 ás 13:17

Bem sei ler! Nao preguntei quem aproba as contas, nin pedin información "análoga" e nao insultei a ninguén e sigueme pensando que actuades de forma inmoral ¿de onde sacan os parados 35,56-?

4 | Ceesg - Martes, 02 Xaneiro de 2018 ás 08:28

Ola, no teu primeiro comentario só falabas da cota de 72,12 e aludías ao paro, polo que nos parecía necesario aclarar que hai distintos tipos de cotas. E si que nos pareceu insultante o teu comentario. O colexio profesional necesita manter unha estrutura básica de funcionamento; e non se obriga a ninguén, e menos se está en desemprego, a colexiarse.

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade