Área privada

Accións en defensa da profesión

Martes, 21 Febreiro de 2017 | Tags: Ceesg , recursos , profesión

Recentemente interpuxemos recurso potestativo de reposición contra as bases do proceso selectivo para a contratación dunha Educadora familiar do concello de Cerceda, que admitía as titulacións de educación social e traballo social. Solicitamos que se limitase o acceso ao posto a educadoras/es sociais, en cumprimento do decreto 99/2012 que regula os servizos sociais comunitarios. Tras a desetimación do recurso, estudamos neste momento emprender outras medidas.

No portal Empregogalicia.org publiciouse unha oferta de Orientador/a laboral, na que se indicaban varias titulacións como requisito, sen mencionar a Educación Social. Tras escribirlles solicitando a modificación da oferta, incluíron Educación Social. As/os profesionais da Educación Social responden perfectamente á cobertura deste posto de traballo. De feito, nas subvencións da Xunta de Galicia para a para a realización de accións de información, orientación e prospección de emprego, a titulación de educación social aparece como unha das titulacións preferentes para a contratación de técnicas/os de orientación.

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade