Área privada

V Premio Internacional de Educación Social

Luns, 20 Marzo de 2017 | Tags: premio , concurso , internacional

Este premio naceu coa intención de render homenaxe a Joaquim Grau i Fuster, como persoa e como educador social e tamén aos cidadáns e cidadás que como el axudan a facer nosas cidades máis abertas, máis hospitalarias e respectuosas coas persoas que as habitan. Tamén quere ser unha homenaxe ás e aos profesionais que traballan no campo da Educación social e que achegan, dende a reflexión, novas maneiras de entender e de exercer a profesión.

Con este premio, as entidades convocantes pretenden impulsar e motivar o traballo de reflexión no campo da Educación Social, e ao mesmo tempo contribuír coa tarefa de transmisión i difusión de experiencias que axuden a consolidar o patrimonio cultural da profesión.

Poderán participar neste premio todos aquelas/es profesionais e equipos de profesionais que desenvolvan ou teñan desenvolvido á súa tarefa no campo da educación social. Os traballos presentados versarán sobre os distintos campos de acción profesional do educador e a educadora social coa infnacia, acolescencia e mocidade.

A dotación económica do premio é de 6.000 €, estando sometida ás condicións fiscais pertinentes.

Os traballos deberán remitirse antes do 31 de agosto de 2017.

Consulta as bases en www.premieducaciosocial.cat

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade